Kronos, en galego

Kronos é un emulador da Sega Saturn. Baséase no Yabause e uoYabause, proxectos aos que quixo achegar as súas modificacións pero que non aceptaron, polo que creou a súa propia bifurcación.
Kronos é un emulador da Sega Saturn. Baséase no Yabause e uoYabause, proxectos aos que quixo achegar as súas modificacións pero que non aceptaron, polo que creou a súa propia bifurcación.
Nova é un emulador da Sega Saturn. Un funcionamento básico e máis dun 50% de compatibilidade do catálogo. Proxecto de código cerrado, quizais nun futuro se faga de código aberto.
VisualBoyAdvance é un paso adianto do antigo VisualBoy, emulando agora a Game Boy Advancee mantendo a de Game Boy e Game Boy Color. Converteuse nun dos emuladores máis populares e adaptouse a outras plataformas, mais esta versión está detida (pero segue sendo do mellor).
PPSSPP é un emulador de PSP multiplataforma. A súa baza é sacar unha alta resolución (incluso en Android) daquelas texturas que dentro da pequena pantalla da PSP se representaban de forma borrosa e pouco definida. Volve gozar dos teus xogos cunha nova resolución.
QuiteRSS é unha sinxela aplicación deseñada para axudarche a manter un ollo sobre todas as fontes de novas (RSS) que segues habitualmente. Se buscabas un substituto para o finado Google Reader, esta é unha boa opción, con galego incluído.
Media Player Classic – Home Cinema é un reprodutor multimedia extremadamente lixeiro e de código aberto. É compatible cos arquivos de audio e vídeo máis comúns, a través dos códecs que estean presentes no sistema. Dispón de versión de 32 e 64 bits.
Ferramenta que se converteu na miña mellor arma co paso do tempo, un caderno de notas que le e garda calquera tipo de linguaxe de computadora, e que emprego para a meirande parte das traducións. Dispón de tradución pero moi abandonada, así que vou aproveitar para actualizar o galego do Notepad++.
Project64 é un emulador da Nintendo 64, consola do ano 1996 (1997 en Europa). A experiencia de xogo é unha delicia e un total entretemento con sabor orixinal para os posuidores dunha N64: gran compatibilidade de xogos, boa emulación de gráficos, configuración de mandos, incluso vibración.
De cando en pouco boto man desta ferramenta para a tradución de subtítulos, colaborando co fansub en galego MeigaSubs, así que, como non vexo ou atopo (Google?) que alguén estea traballando nela, comezarei a tradución do programa Aegisub en galego.
Lunar IPS (LIPS) pretende ser unha ferramenta lixeira e fácil de usar, para aplicar parches IPS en plataformas Windows, substituíndo ao antigo programa SNESTool de MS-DOS. Pode tanto aplicar como crear parches IPS (extensión de ficheiro estándar para romhacking).