PPSSPP, en galego

ppsspp galego PPSSPP é un emulador de PSP multiplataforma. A súa baza é sacar unha alta resolución (incluso en Android) daquelas texturas que dentro da pequena pantalla da PSP se representaban de forma borrosa e pouco definida. Volve gozar dos teus xogos cunha nova resolución.

Descrición: Podes xogar en resolucións de alta calidade grazas ao aumento do filtro anisotrópico e a escala das texturas, aproveitar toda a pantalla da túa tableta, personalizar os controis na pantalla, mando externo ou teclado, gardar e recuperar o xogo en calquera sitio e momento e seguir as partidas que tiveses gardadas na PSP.

💡 Tradución: Pedromadruga14 e PpmeiS. Oficial, incluído no programa e no GitHub do proxecto.

:star: Desenvolvedor: Henrik Rydgård (http://ppsspp.org) | Xogos: emulador PSP.

➡  PPSSPP: http://ppsspp.org/downloads.html | PPSSPP Gold: http://central.ppsspp.org/buygold.
Dispoñible para Windows, Android, iOS, MacOSX, Linux e outros. PPSSPP Gold é igual á outra, o que se paga é unha doazón (dentro dunha serie de topes indicados por eles) para apoiares aos que fan posible o programa.

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.