MPC Home Cinema, en galego

mpc-hc galego Media Player Classic – Home Cinema é un reprodutor multimedia extremadamente lixeiro e de código aberto. É compatible cos arquivos de audio e vídeo máis comúns, a través dos códecs que estean presentes no sistema. Dispón de versión de 32 e 64 bits.


Descrición: Esta versión é un derivado do Media Player Classic, reprodutor que gardaba o aspecto do antigo Windows Media Player v6.4 (para moitos, unha das mellores versións antes de que Microsoft o inchase). Actualiza e engade novas funcións ao proxecto orixinal como son o aproveitamento dos decodificadores de vídeo (en especial o H.264 e VC-1 con soporte DXVA), soporte de renderizado EVR e outros.

Depende de que os códec estean instalados no sistema, polo cal, ou ben os instalas por separado, ou empregas algún paquete de códecs. Recomendado: K-Lite Codec Pack, a versión Basic é dabondo para reproducir calquera vídeo, a versión Standard inclúe o reprodutor, polo que non necesitarías instalado aparte.

Tradución: anxo_cruel (Os Arquivos da Meiga).
Tradución oficial, vén incluída no instalador.

MPC-HC Team. (GNU General Public License).
 02/02/2014 – MPC – Home Cinema v1.7.3 x86 | v1.7.3 x64

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.