VisualBoyAdvance, en galego

visualboyadvance galegoVisualBoyAdvance é un paso adianto do antigo VisualBoy, emulando agora a Game Boy Advancee mantendo a de Game Boy e Game Boy Color. Converteuse nun dos emuladores máis populares e adaptouse a outras plataformas, mais esta versión está detida (pero segue sendo do mellor).


Descrición: O emulador permite gardar a partida en calquera punto, importar partidas gardadas con outros emuladores, acepta a configuración dun mando externo, ten un sistema de parcheo IPS, admite trucos de Game Genie e GameShark, gravación de son, diversos filtros gráficos para mellorar a visualización, modo de pantalla completa, compatibilidade con funcións propias de GBA como botón Speed UP ou Turbo. A partir da v1.5 acepta máscaras para mudar a aparencia da interface.

💡 Traduciónanxo_cruel (Os Arquivos da Meiga). Ficheiro á parte. Incluílo no cartafol de instalación, abrir o programa, ir a Options» Language» Others…» e aquí inserimos as letras “GLG” para poñelo en galego.

:star: Desenvolvedor: Forgotten, VBA Team (http://vba.ngemu.com/) | Xogos: emulador GBA.

➡ VisualBoyAdvance v1.8.0: MEGA
 VisualBoyAdvance v1.7.2.600 | v1.8.0.600 | v1.8.0-beta3 (todos os arquivos inclúen ficheiro de galego).
 vba_glg.dll (revisado e compatible coa versión estable v1.7.2 e as previas da v1.8.0).

😎 Vía: http://www.osarquivosdameiga.com/viewtopic.php?p=31551.

Revisión:
· Podes engadirlle máscaras para mellorar a experiencia. Fixen estas (preme na que che interese) e podes atopar outras nesta páxina: http://gunner6666.tripod.com/vbaskinscom/, en deviantART ou buscando en Google. Só hai que poñelas no cartafol “skins” e cargala a través do menú Opcións» Vídeo» Método de procesado» (ollo, ten que estar activo GDI ou DirectDraw) Seleccionar máscara» e escollemos a que baixaramos.

· Podes axustar a cor “real” dunha Game Boy Clásica (o fondo verde), en Opcións» Game Boy» Cores… cos seguintes:
Fondo: cor1: R=160/G=192/B=32 cor2: R=134/G=160/B=27 cor3: R=106/G=128/B=21 cor4: R=64/G=64/B=64
Sprite: cor1: R=160/G=192/B=32 cor2: R=134/G=160/B=27 cor3: R=106/G=128/B=21 cor4: R=64/G=64/B=64.

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.