Traducindo… Notepad++

notepad++ galegoFerramenta que se converteu na miña mellor arma co paso do tempo, un caderno de notas que le e garda calquera tipo de linguaxe de computadora, e que emprego para a meirande parte das traducións. Dispón de tradución pero moi abandonada, así que vou aproveitar para actualizar o galego do Notepad++.


http://notepad-plus-plus.org/contribute/binary-translation-howto.html

Notepad++ v6.4.5 (9 agosto 2013) http://notepad-plus-plus.org/download/v6.4.5.html
Plantilla: english.xml

En realidade só vou completar a tradución das novas cadeas (que faltan bastantes), aproveitando o traballo que xa hai feito por parte de: Emilio Rodríguez (LeviGZ), Ismael Núñez (nunhes) e Daniel Muñíz (damufo).

No cartafol de instalación, ir a “localization” e engadir este arquivo, e xa terás unha vista previa do que levo traducido:

notepad++ galego
galician.xml: https://www.box.com/s/a8ro5tvk8as3na8yc9tm

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.