Día Internacional da Lingua Materna
21 de febreiro, #DiaInternacionalDaLinguaMaterna 15º aniversario do Día Internacional da Lingua Materna
21 de febreiro, #DiaInternacionalDaLinguaMaterna 15º aniversario do Día Internacional da Lingua Materna
VisualBoyAdvance é un paso adianto do antigo VisualBoy, emulando agora a Game Boy Advancee mantendo a de Game Boy e Game Boy Color. Converteuse nun dos emuladores máis populares e adaptouse a outras plataformas, mais esta versión está detida (pero segue sendo do mellor).
Donkey Kong, é un videoxogo que saíu no 1981 primeiro nas recreativas. Somos “Jump Man” (non tiña nome, os usuarios alcuñárono así, máis adiante será Mario), e temos que ascender por distintas plataformas para rescatar a Pauline no máis alto delas, evitando os atrancos e barrís de Donkey Kong.
O protocolo DNS é unha parte importante da forma de entender a rede, é como a nosa axenda de teléfonos, cada vez que visitamos unha ligazón, o router fai unha busca a través do servidor DNS e amósanos a páxina. Pero cando notemos lentitude ou comecen a fallar páxinas, algo non vai ben.
É oficial, Google fornece ao sistema Android da lingua galega. A versión 5.0 Lollipop (piruleta) chegou completamente en galego (tamén éuscaro). Con ela, toda aplicación con tradución aparecerá directamente en galego (ata agora saian en inglés). A chegada ao teu móbil depende do fabricante.
Mucha e Nucha tráennos o seu primeiro xogo para móbiles “A casa da Conexa: A invasión de Ardebullo“. O xogo ten a temática do popular “plantas contra zombis” pero ambientado no mundo deste programa da Televisión de Galicia.
Actualización 03/11/2014: Xa está o xogo dispoñible na App Store.
Google Views permíteche explorar partes do mundo dende a casa. É unha comunidade onde os usuarios soben fotos con datos de xeolocalización e estas son inmediatamente identificadas en Google Maps na súa posición (servizo sucesor da española Panoramio, o cal xa mercaran no 2007).
The Goonies 2, videoxogo baseado no filme The Goonies, lanzado no Xapón en 1987 (Europa, 1988). Céntrase en Mikey. Os Goonies foron raptados polos Fratellis e Mikey deberá rescatar aos seus seis amigos e liberar a unha serea chamada Annie.
Meniñeiros é unha antoloxía sobre os seres fantásticos do imaxinario galego en formato de libro electrónico. Dirixido a un público infantil de entre 6 e 8 anos, o obxectivo é achegar aos nenos e nenas as lendas da nosa tradición oral e favorecer a súa transmisión cultural.
The Lion King (O Rei León) é un videoxogo de plataformas con vista lateral, editado no 1994 para as consolas do momento, Mega Drive e Super Nintendo (con diferenzas técnicas entre eles). Controlamos ao pequeno Simba a través dos escenarios do filme ata converterse en adulto e enfrontar a Scar.