Kronos é un emulador da Sega Saturn. Baséase no Yabause e uoYabause, proxectos aos que quixo achegar as súas modificacións pero que non aceptaron, polo que creou a súa propia bifurcación.
❓ Descrición: Ao comezo, probando a facer unha derivación do uoYabause, o autor atopa certos problemas, principalmente na versión 32 bits e na carga de imaxes. Propón os cambios ás versións principais de yabause e uoYabause pero estes non aceptaron as súas solucións. Deixa a porta aberta ás achegas e melloras, seguirá a ser un proxecto de código aberto. Un dos primeiros colaboradores será siskoo cando estaba en fase beta o proxecto, e outra achega importante será a de barbudreadmon que fixo o seu port a libretro.
ℹ️ Requisitos:
Windows 7/10 32 bits ou 64 bits
Ubuntu 64 bits
OpenGLES3.0 / OpenGL 3.2 con capacidade HW e SW
💡 Tradución: enfeitizador | gl.yts | Colocar o ficheiro gl.yts no cartafol “trans”
⭐ Desenvolvedor: FCare | Categoría: emulador.
⏬ Kronos v2.6.1 (27/12/2023): Ubuntu | Windows 32bits | Windows 64bits
❗ Revisión: v1.7.0 (2019). Primeira tradución.