Donkey Kong (NES), en galego

Goonies 2 galegoDonkey Kong, é un videoxogo que saíu no 1981 primeiro nas recreativas. Somos “Jump Man” (non tiña nome, os usuarios alcuñárono así, máis adiante será Mario), e temos que ascender por distintas plataformas para rescatar a Pauline no máis alto delas, evitando os atrancos e barrís de Donkey Kong.

Google Keyboard, en galego

Google Keyboard galego Google actualiza o seu teclado de Android incluíndo de forma nativa o galego e o éuscaro. O teclado de Google permíteche inserir texto dun xeito máis sinxelo e intelixente, con funcións como o recoñecemento de palabras. a predición de escrita e a escritura xestual.

Actualización 29/07/2014: O teclado xa está dispoñible no Google Play.

Gmail, en galego

gmail galego Gmail basease na idea de que o correo electrónico pode ser máis intuitivo, eficiente, útil e incluso divertido. Recibe o teu correo, consulta as túas conversas, responde ás mensaxes sen conectarte ou busca calquera correo co seu buscador integrado.

Actualización (02/10/2014): Gmail v4.9 (1271612) para Android segue sen traer galego.