Finalmente, chega o galego ao Telegram oficial (non tardará en facelo á S-edition). Houbo que peregrinar polo traballado Shurgram, ao camiño asaltounos a versión xenuína galega Galegram; pero ao final do treito, xa se pode fedellar en galego no cliente oficial, cunha tradución coidada.
❓ Descrición: Programa de mensaxería instantánea para móbiles, semellante ao Whatsapp, tanto en uso como interface, feita para mellorar a adaptación. É gratuíta, é segura (as mensaxes envíanse cifradas), é máis lixeira que outras aplicacións similares, multiplataforma, e esgota menos a batería xa que integra as notificacións no mesmo proceso do Google Cloud Messaging (aforra ao non ter dous servizos traballando).
💡 Tradución: donatorouco, ashtophet e susobaco. Polo momento toca facer un apaño e engadir o arquivo de tradución aparte. Descargamos o “strings.xml” e movémolo ao teléfono onde teñamos Telegram:
– Abrimos unha conversa con nós mesmos e enviamos o arquivo “strings.xml” (podes enviarllo a outra persoa, e se este cho reenvía el tamén poderá seguir estes pasos).
– Damos un pequeno toque ao carón de “Abrir/Open” (non no botón), e saltará unha xanela onde escolleremos “Aplicar archivo…/Apply….” (se prememos moito tempo selecciona o arquivo, repite se pasa iso).
– Agora ábresenos Axustes e aí xa podemos elixir Galego… feito!. OLLO: Aparecen un par de liñas en inglés, a pesar de estar traducidas no ficheiro, descoñezo o motivo. En canto se vaia pulindo a tradución, pódense repetir os mesmos pasos para contar coa versión revisada (non tardará moito en vir integrada xa na app).
ACTUALIZACIÓN 09/04/2014: Agora que é oficial poder incluír o galego, aparecen membros Trasno para darlle unha revisión (comenta un que non está ao seu xeito). 😕 En fin, coa de tempo que se sabia (e se lles informou) que se estaba a traducir.
ACTUALIZACIÓN 16/04/2014: Problemas coa tradución. Algúns membros de Trasno, no canto de revisar, argumentar ou aconsellar, van desbotando o traballo feito por non cinguirse ás súas normas. Cando se lles piden razoamentos, pasan de responder ou alegan que así está nas súas “biblias”. De verdade, unha pena que algúns cheguen a facer isto dicíndose defensores das traducións, e non fan outra que darlle atrás a un traballo desinteresado doutras persoas, incluso ashtopet dou en abandonar o seu perfil como revisor (dado que “algúns novos” non concordan coas súas expresións) e pasa a ser tradutor (e dar grazas a que non marchou definitivamente dun traballo que axudou a nacer e medrar).
ACTUALIZACIÓN 29/10/2014: Segundo me indican nos comentarios ningún de trasno está traducindo actualmente a aplicación. Segue sen vir o galego incluído, polo que necesitamos facer o apaño. Actualizo a ligazón do strings.xml de cando en vez coas novas revisións na plataforma. Se actualizas a aplicación e che sae algo en inglés, repite os pasos. É posible aplicala tamén no Galegram (substitúe a súa propia tradución).
:star: Telegram LLC. (OpenSource GPL). Categoría: social.
➡ Telegram v1.4.9: Google Play
strings.xml (galego): https://www.box.com/s/v9y0s29yhkwa3amwc9nd (última revisión: 29/10)
😎 Vía: https://www.transifex.com/projects/p/telegram/announcement/42906/
❗ Revisión:
28/10/2014, v1.9.7: Soporte para seudónimos/alcumes (establece o teu en Axustes > Nome de usuario. Tamén podes buscar por alcumes dende Contactos). Notificación de capturas de pantalla en conversas secretas. Temporizador flexible para conversas en secreto.
05/06/2014, v1.4.10: Pódese mover a aplicación á µSD. Amañado compartir GIFs con algunhas aplicacións. Os GIFs animados reprodúcense ao descargalos.
03/06/2014, v1.4.9: Amósanse animacións GIF nas mensaxes. Amañado compartir imaxe/avatar en dispositivos con pouca memoria. Pódense aplicar as localizacións de Transifex, con só enviar o ficheiro xml como documento.
Markos
Markos
Markos
enfeitizador
markos
enfeitizador
markos
enfeitizador
markos
A RAG
markos