Syobon Action

syobon action Rebautizado coma “Cat Mario”, “Neko Mario” ou “Gato Bros.”, é un videoxogo en 2D xaponés (しょぼんのアクション Shobon no Akushon, 2007), recoñecido pola alta dificultade dos niveis. Os gráficos parodian ao Super Mario Bros. orixinal da Nintendo Entertainment System (NES).

CDisplayEx, en galego

cdisplayex galegoCDisplay Ex é un dos lectores de cómics dixitais máis usado. Pode ler todos os tipos de arquivos (cbr, cbz, pdf…), e está deseñado para darlle a mellor experiencia de lectura: carga rápida de arquivos, lectura fluída e cómoda, incluso en computadoras vellas.

Jnes, en galego

jnes galego Jnes é un emulador da Nintendo Entertainment System, máis coñecida como NES (ou Familiy Computer “Famicom” no mercado asiático). É distribuído baixo unha licenza freeware, é dicir, é software gratuíto mais non software libre. Xa podes rememorar as partidas da túa vella NES na computadora.

Gens, en galego

gens galego Gens é un emulador da Sega Mega Drive distribuído baixo unha licenza GPL. É dicir, é software libre. Emula tanto xogos propios da Mega Drive como os xogos do MegaCD e da 32X (para estes últimos fan falla os ficheiros das BIOS). Xa podes rememorar as partidas da túa vella Mega Drive na computadora.