fedellar Para todas as acepcións Sinónimos fochicarfozarverbo intransitivo1Tratar de realizar algo sen saber como se fai ou por se entreter, ou ocupar o tempo en algo sen obter beneficioGústalle fedellar nos programas.Sinónimos trebellar

Fedella en galego! é unha recompilación de programas e aplicacións traducidas ao galego, que veño recompilando no meu caderno de Opera dende hai anos, aproveitando a conta que creara cando fixera algunhas traducións dese navegador, do que tanto gusto e recomendo. Co anunciado peche dos cadernos de My Opera, tocou mover todo a outro lado.

Aquí recollo as traducións que vou facendo das aplicacións que máis emprego ou recomendo a amigos e familiares. Tamén, co paso do tempo, apañei con traducións feitas por outros usuarios que vou atopando entre blogs, foros e páxinas persoais, e que corren risco de perdese o esforzo xa que, ao non pertencer a grupos de tradución organizados, a vixencia da tradución depende de que as páxinas ou os arquivos compartidos se manteñan en liña.

Inda que nunha primeira ocasión me limitaba só a programas para o sistema Windows, pouco a pouco a cantidade de elementos para outros sistemas vai medrando.

Se vos gusta traballar cos programas en galego, tédeme conta do caderno.