CDisplayEx, en galego

cdisplayex galegoCDisplay Ex é un dos lectores de cómics dixitais máis usado. Pode ler todos os tipos de arquivos (cbr, cbz, pdf…), e está deseñado para darlle a mellor experiencia de lectura: carga rápida de arquivos, lectura fluída e cómoda, incluso en computadoras vellas.


Descrición: Visor de banda deseñada de arquivos CBR e CBZ, comunmente. O programa encárgase de ler os arquivos de imaxes, ben sexan JPG, PNG, BMP ou GIF (non soporta a animación) e GIF animado, que fosen engadidos a un arquivo comprimido. Segundo a ferramenta de compresión, variará a extensión do arquivo, así dun arquivo RAR temos o CBR e dun ZIP temos o CBZ. Hai máis tipos segundo a compresión, pero son pouco frecuentes TAR (CBT), ACE (CBA). Tamén admite arquivos 7-Zip (CB7), DjVu (.DJVU, .DJV) e arquivos PDF.

💡 Traduciónenfeitizador. Galego incluído no programa. Pode ocorrer que nas novas versións, non se actualice o ficheiro da tradución no instalador. Nese caso, descarga o arquivo gl_es.mo e colócao no cartafol do programa.

:star: Desenvolvedor: Henri Gourvest (progdigy) | Visor de cómics.

www.cdisplayex.com (32bits ou 64bits).
gl_es.mo (tradución en constante actualización) https://www.box.com/s/7mcmcm25nyr3bi5xkbvd

Revisión:
11/05/2014, v1.10.13: Engádese compatibilidade cos GIF animados.
15/01/2014, v1.10: Melloría na carga de imaxes JPEG, PNG e GIF. Soporte a arquivos RAR5 e imaxes WEBP 0.4.
23/09/2013, v1.9.13: Engádese o galego oficialmente.
21/02/2012, v1.8: finalizada a tradución ao galego, publicada en http://www.osarquivosdameiga.com/viewtopic.php?p=17653 (necesítase engadila aparte).

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.