Jnes, en galego

jnes galego Jnes é un emulador da Nintendo Entertainment System, máis coñecida como NES (ou Familiy Computer “Famicom” no mercado asiático). É distribuído baixo unha licenza freeware, é dicir, é software gratuíto mais non software libre. Xa podes rememorar as partidas da túa vella NES na computadora.


Descrición: O emulador é bastante doado de usar. Podemos modificar axustes como a paleta de exposición (diferentes interpretacións das cores para asemellarse a un televisor, van no cartafol “palettes”), incorpora un pequeno explorador para os xogos (se os temos arquivados no cartafol “roms”, de igual maneira podemos asociar a extensión .nes ao emulador e non fai falla mover o ficheiro a ese cartafol), permite configurar o mando e incluso o Zapper (nos axustes do mando, para o xogador 2 eliximos Zapper e usaremos o rato como se fose a pistola), permite a carga de xogos dentro dun arquivo zip e tamén o parcheo IPS ao instante (debemos ter o .nes orixinal e o .ips a aplicar dentro do mesmo cartafol e co mesmo nome de arquivo, desta maneira podes usar o parche sen modificar o ficheiro orixinal).

Novidade na v1.1: Agora tamén é posible incluír as facianas para velas no explorador de xogos, actívase en: Opcións, Configuracións, Naveg. de ROMs e aí elixiremos “faciana” (traducido na última revisión do arquivo de idioma -descargar á parte e metelo no cartafol-, do contrario aparece “jnes.settings.browser.artwork”). Hai que colocar as imaxes no cartafol “artwork” (de non habelo, creámolo) e co mesmo nome do arquivo .nes. (podes usar a imaxe orixinal ou editala e cambiar as proporcións a 106px no lado máis longo, para que pesen menos e se vexan igual no emulador).

💡 Tradución: AmilGZ (Memoria Pixelada). Galego (normativo e reintegrado) incluído no programa. Ficheiro á parte, hai que descargar e metelo no cartafol “languages” do programa. Ao iniciar o emulador, sairá unha xanela para elixir o idioma Galego (ou Portugués da Galiza no caso de querer empregar o galego reintegrado).

:star: Desenvolvedor: Jabo (http://jabosoft.com/) | Xogos: emulador.
➡ 2012/06/23: http://jabosoft.com/downloads (galego e reintegrado incluído na descarga oficial).
Jnes v1.0.2 update 2 (emulador e tradución incluída, descargar e usar). Traducións só: jnes.lang.GL.zip.

😎 Vía: http://www.osarquivosdameiga.com/viewtopic.php?p=15217
http://memoriapixelada.com/2011/09/10/jnes-en-galego/

Revisión:
 jnes.lang.gl.msg: box.com/s/vl0yvovkr1rl7u2xbsf4 (actualizado).

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.