Unlocker, en galego

unlocker galegoSe algunha vez fuches incapaz de eliminar ou mover un ficheiro ou cartafol en Windows e descoñeces que programa está a usalo, Unlocker é a solución. Con usar Unlocker sobre o elemento en uso, poderás desbloquealo.

Descrición: Moitas veces cando saímos dun programa, este poder ficar a usar certos ficheiros que, sabendo nós que non os necesitamos xa, o Windows amosará unha mensaxe de erro de que non se pode eliminar por estar en uso. Unha maneira sería abrir o Xestor de tarefas, finalizar por completo o programa e probar de novo, e, ás veces, nin así ao estar bloqueado por outro proceso. Con Unlocker esta tarefa corríxese. Axúdate a desbloquear ficheiros e cartafoles para operar con eles. Se tes unha denegación de borrado, para mover, ou para substituír un elemento, elíxeo con Unlocker e escollemos a opción (borrar, renomear, mover, copiar), logo dámoslle a desbloquear (ou desbloquear todo), e o elemento estará ao noso dispor.

NOTA: O instalador contén un instalador promocional (Ad-Supported). Fixarse ao momento de instalar, logo da aceptación do acordo de licenza, aparece a pantalla de instalación de “Delta Toolbar”, premer en Advanced e desmarcar todas as opcións; despois podes continuar coa instalación. Se aínda así non te sentes seguro de instalar a versión promovida (ou o antivirus bloquea a descarga ou instalación por este engadido), podes empregar a versión portátil, que non trae ningún ficheiro adicional.

💡 Tradución: Delio Docampo Cordeiro (v1.9.0 – 2010). Integrada coa instalación.

:star: DesenvolvedorCedrick Collomb | (Freeware) Xestor de ficheiros.

➡  (16/05/2013) Unlocker v1.9.2 | (07/05/2010) Unlocker v1.9.0 Portátil
data: descarga data: (espello)

😎 Vía: UNLOCKER BY CEDRICK ‘NITCH’ COLLOMB

❗ Revisión: Unlocker 1.9.0 (32/64 bits).
- Nova característica: Compatibilidade completa a sistemas operativos de 64 bits, con controlador firmado.
- Novo idioma: Éuscaro grazas a Beñat Antxustegi.
- Novo idioma: Galego grazas a Delio Docampo Cordeiro.

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.