Rebautizado coma “Cat Mario”, “Neko Mario” ou “Gato Bros.”, é un videoxogo en 2D xaponés (しょぼんのアクション Shobon no Akushon, 2007), recoñecido pola alta dificultade dos niveis. Os gráficos parodian ao Super Mario Bros. orixinal da Nintendo Entertainment System (NES).
Un agasallo polo 6º aniversario do caderno. Non ten tradución ao galego, e falla non lle fai.
A principal característica deste xogo creado por ちく (aka “Chiku”) é ser unha carallada, non hai volta de folla, o rapaz aburríase de xogar á NES e decidiu facerse a súa versión do plataformas. Está cheo de trampas agochadas nos lugares máis inoportunos para que, casualmente as atopes e morras. Non require de grande destreza, só tes que poñer en marcha esa parte do cerebro que serve para pensar, e ir lembrando onde te cargaches unha vida do gato con anterioridade… vidas que, sendo un gato xa só partes de inicio con dúas!
Dada a diversión deste xogo, e a súa peculiaridade de niveis curtos, pero condicionadamente longos, varios desenvolvedores puxeron este xogo ao dispor de máis sistemas que o orixinal de computadora.
Syobon Action – PC, páxina do autor.
Orixinal: http://www.geocities.jp/z_gundam_tanosii/home/syobon-action.zip
Open Syobon Action: http://sourceforge.net/projects/opensyobon/
Syobon Action 2 (non oficial): http://storage.nab622.com/AbstractionBlue/Syobon_Action_2.rar
Syobon Action 3 (non oficial), por DakaArts: http://www.mediafire.com/?gnmpum4mi52oaki
Syobon Action – NDS, por n00bey.
versión RC1: http://www.mediafire.com/?89r5ylnxlf8dfmh
Syobon Action – PSP, por DanielBR/ferion11.
versión R3: http://www.mediafire.com/?odffvwn8pig47e4
Syobon Action – Wii, por scognito:
versión 0.1: http://scognito.drunkencoders.com/projects/downloads/syobon-action-0.1.rar
Syobon Action – Android, por Feurigel:
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.tsotomedia.syobonaction