Gmail, en galego

gmail galego Gmail basease na idea de que o correo electrónico pode ser máis intuitivo, eficiente, útil e incluso divertido. Recibe o teu correo, consulta as túas conversas, responde ás mensaxes sen conectarte ou busca calquera correo co seu buscador integrado.

Actualización (02/10/2014): Gmail v4.9 (1271612) para Android segue sen traer galego.


Descrición: Gmail permite tamén administrar varias contas, ver e gardar arquivos adxuntos, configurar notificacións por etiquetas, inserir arquivos de Google Drive directamente nas túas mensaxes, función de autocompletar nos campos Para, CC (copia carbón) ou CCO (copia carbón oculta), vendo as suxestións ao momento. Tamén unha mellor compatibilidade de formatos para a recuperación dos borradores gardados.

De momento só é a versión web. Teremos que ir ao engrenaxe de configuración e poñer Galego.

💡 Tradución: Google (oficial). No seu día tiveron unha plataforma para a tradución dos seus produtos: Vieiros: Culmínase a tradución de Gmail ao galego (02/09/2005), mais suponse que isto será tradución propia de Google.

:star: Desenvolvedor: Google | Categoría: Comunicación.

➡  http://mail.google.com/ | Google Play | APKMirror (ficheiro APK, última versión liberada)

😎 Vía: https://twitter.com/AndroidEnGalego/status/486197207205695488
http://mallandonoandroid.com/blog/2014/07/07/gmail-xa-disponibel-en-galego/
https://twitter.com/AmilGZ/status/486205624137826304

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.