Android 5.0 Lollipop, en galego

android 5.0 galegoÉ oficial, Google fornece ao sistema Android da lingua galega. A versión 5.0 Lollipop (piruleta) chegou completamente en galego (tamén éuscaro). Con ela, toda aplicación con tradución aparecerá directamente en galego (ata agora saian en inglés). A chegada ao teu móbil depende do fabricante.


Descrición: Logo de 5 versións, Android fala galego coa inclusión de 15 linguas máis, nas que tamén está o éuscaro. A nova versión virá directamente instalada nos novos terminais que saen á venda. Para os móbiles que están agora no mercado haberá que consultar nas páxinas de soporte dos nosos terminais se é compatible co noso dispositivo. Non perdas ollo a este artigo de Mallando no Android onde levan conta dos móbiles que recibiran a piruletaListaxe de dispositivos Android con actualización confirmada a Android 5.0 Lollipop.

💡 Tradución: Google (oficial). Estamos falando da tradución total do sistema, non aquelas traducións básicas feitas por algún fabricante (como a gama Xperia de Sony) ou fornecidos pola operadora galega R. Neste apartado indicaba algún destes modelos. Non todas as aplicacións de Google para android dispoñen de galego neste momento.

:star:  Desenvolvedor: Google Android | Sistema operativo.

😎  Vía: Android Blog: Designing the perfect Lollipop.
Google: Android 5.0, Lollipop
Mallando no Android: Hoxe chega Android 5.0 Lollipop

❗  Nota: As imaxes empregadas neste artigo son creación da xente de Mallando no Android e do sitio feito en exclusiva para a iniciativa #AndroidEnGalego (cunha pequena modificación tanto nas medidas como nalgunha cor).

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.