Protéxete da falla Heartbleed

corazón sangrante Unha importante vulnerabilidade chamada “Heartbleed bug” foi descuberta no software OpenSSL que é usado en varias das páxinas máis populares. OpenSSL é o sistema incorporado para cifrar contrasinais e outra información confidencial. Esta falla pode revelar o contido da memoria do servidor, onde se gardan os datos reservados.

Novidades do Telegram

Telegram da un paso adiante na localización, movendo as traducións de Android (oficial e S-edition), iPhone e a versión Web, á plataforma Transifex. Seguen implicados donatorouco e ashtophet, e súmase susobaco. Con esta, espérase unha pronta inclusión do galego, oficialmente.