Servidores DNS, uso e axuste

O protocolo DNS é unha parte importante da forma de entender a rede, é como a nosa axenda de teléfonos, cada vez que visitamos unha ligazón, o router fai unha busca a través do servidor DNS e amósanos a páxina. Pero cando notemos lentitude ou comecen a fallar páxinas, algo non vai ben.

DNS son as siglas de Domain Name System (Sistema de Nomes de Dominios). En xeral, a maioría da xente emprega o DNS predefinido do aparello de conexión que entrega o operador, o cal configuran con servidores propios da compañía, na teoría máis rápidos de resolver os enderezos. Se escribimos calquera enderezo e non observamos lentitude nin falla de carga dos elementos da páxina, entón podemos deixar a configuración tal e como está.

Que pasa se temos unha mala configuración? Comezaremos a observar que se demora a carga de páxinas, que se repiten erros de que a páxina non está dispoñible (si estando activa), ou incluso o problema se pode estender ao resto de páxinas subministradas por un servidor en concreto. Isto é causa de que a configuración do DNS automático non se axuste ben, que o servidor asignado non funciona (ou está caído), ou que nin sequera estea configurado o do noso propio provedor (algúns adware poden tocar estes axustes).

Incluso sen ter os problemas antes mencionados, quizais nos interese empregar servidores DNS públicos para evitar o bloqueo por parte do provedor (que se vai amparar en sentenzas xudiciais para estes bloqueos) de determinadas páxinas, polo contido que estas ofrecen. Usar DNS ten a vantaxe de, cantos máis usuarios os empreguen, mellores respostas recibiremos, por iso adoitan ser máis rápidos, teñen capacidade de corrixir un enderezo se o poñemos mal, axúdannos a previr o roubo de identidade e bloquean os sitios de phishing (suplantación dunha páxina empresarial, banco ou marca orixinal por unha con outros fins, normalmente captación ilícita de datos persoais).

Para configurar o DNS, temos dúas opcións, facelo na computadora, que nos permite empregalo con calquera navegador que empreguemos nese computador, ou facelo no router, que axuda a que calquera dispositivo que se conecte a el estará empregando eses DNS directamente (teléfonos, consolas,…).

  • Configurando DNS, táboa de DNS públicos:
Servidor DNS primario DNS secundario
OpenDNS (*) 208.67.222.222 208.67.220.220
FamilyShield (**) 208.67.222.123 208.67.220.123
Google IPv4 – 8.8.8.8
IPv6 – 2001:4860:4860::8888
IPv4 – 8.8.4.4
IPv6 – 2001:4860:4860::8844
Comodo Secure 8.26.56.26 8.26.56.26
Norton ConnectSafe (***) 1 normal 199.85.126.10
2 infantil 199.85.126.20
3 extremo 199.85.126.30
1 normal 199.85.127.10
2 infantil 199.85.127.20
3 extremo 199.85.127.30
PuntCAT IPv4 – 109.69.8.51
IPv6 – 2a00:1508:0:4::9
calquera secundario

* OpenDNS cando poñemos un enderezo mal ou é incorrecto, amósanos unha páxina similar á busca de Google, pero que verdadeiramente é o buscador de Yahoo. Pode causar confusión.

** FamilyShield é o mesmo que OpenDNS, pero engade o bloqueo a páxinas de contido adulto (ideal para protexer aos menores). Se escolles este, verifica na páxina http://www.internetbadguys.com o seu correcto funcionamento: se nesa páxina sae unha mensaxe “a páxina bloqueouse por OpenDNS”, funciona; se sae unha mensaxe “estás nunha páxina de mostra”, non está configurado. Revísao.

*** Norton permite configurar tres tipos de DNS segundo o nivel de protección desexado. O Nivel 1 é o básico, semellante ao resto de DNS públicos. O nivel 2 está ao nivel do FamilyShield, con bloqueo de contido adulto. O nivel 3 é a suma dos dous anteriores e un filtro máis estrito para páxinas de contido dubidoso.

Se prefires empregar os DNS do teu operador, nesta páxina levan unha revisión dos servidores de cada compañía e a situación actual (mirar que estean activos os que temos): http://bandaancha.eu/analizador-dns. Os que figuran para a operadora galega R están errados. Estes son os recomendados no Manual de R:

Servidor DNS primario DNS secundario
R 213.60.205.175 213.60.205.173 (Coruña e Lugo).
213.60.205.174 (Pontevedra e Ourense).
  • Logo do troco, toca limpar a caché DNS da computadora (visto en OpenDNS support):
Windows Liña de comandos ipconfig /flushdns
OSX Abrir a terminal (v10.x/5) lookupd -flushcache
(v10.5/6) dscacheutil /flushcache
(v10.7/8) sudo killall -HUP mDNSResponder
Linux Abrir a terminal sudo /etc/init.d/nscd restart
sudo etc/init.d/networking restart
  • Tamén recomendable limpar a caché DNS do navegador (visto en OpenDNS support):
Internet Explorer Ir ao menú do historial, seleccionar "Eliminar historial de navegación", marcar todas as caixas (agás contrasinal, se queremos mantelos) e premer Eliminar.
Mozilla Firefox Ir a Ferramentas, Opcións, Privacidade, selecciona "borrar o seu historial recente" e marca todas as caixas. Baixo "Período para borrar" podemos elexir o rango a borrar e en "Detalles" os elementos. Os contrasinais agora van na parte de Seguranza, Identificacións, non se borran dende o historial.
Apple Safari Abre o menú Safari (o engranaxe arriba á dereita en Windows) e selecciona "Restablecer Safari". Marca todas as caixas e preme "Restablecer".
Google Chrome Abre o menú Chrome, Configuración, selecciona Historial e marca todas as caixas (agás contrasinais, se queremos mantelos). Debaixo de "datos almacenados dende" podemos seleccionar todo e prememos Borrar datos de navegación.

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.