WhatsApp+, en galego

whatsapp+ galego WhatsApp abriu a tradución da aplicación ao galego, pero non o inclúe na aplicación. Un usuario de XDA-Developers modificou a aplicación e creou o WhatsApp+ que permite configuralo e personalizalo ao gusto (con temas, cores,…) e engadiulle a tradución que vai habendo do galego.

Actualización 13/11/2014: A versión 6.40D deixa de incorporar o galego dado que se elimina do repositorio.
Actualización 21/01/2015: Comezan a bloquear a usuarios de WA+ e o desenvolvedor abandona o proxecto.

Google+, en galego

google+ galego A nova rede social de Google, que vén a substituír ás anteriores tentativas como Google Buzz, Google Wave ou Orkut. Google+ (ou Google Plus) é a rede social do futuro, o lugar perfecto onde compartir contido e contactar con todo tipo de persoas con intereses afíns aos teus.

Actualización 29/10/2014: Google+ v4.7.0.78692696 para Android segue sen traer galego.

Jnes, en galego

jnes galego Jnes é un emulador da Nintendo Entertainment System, máis coñecida como NES (ou Familiy Computer “Famicom” no mercado asiático). É distribuído baixo unha licenza freeware, é dicir, é software gratuíto mais non software libre. Xa podes rememorar as partidas da túa vella NES na computadora.

Gens, en galego

gens galego Gens é un emulador da Sega Mega Drive distribuído baixo unha licenza GPL. É dicir, é software libre. Emula tanto xogos propios da Mega Drive como os xogos do MegaCD e da 32X (para estes últimos fan falla os ficheiros das BIOS). Xa podes rememorar as partidas da túa vella Mega Drive na computadora.