A nova rede social de Google, que vén a substituír ás anteriores tentativas como Google Buzz, Google Wave ou Orkut. Google+ (ou Google Plus) é a rede social do futuro, o lugar perfecto onde compartir contido e contactar con todo tipo de persoas con intereses afíns aos teus.
Actualización 29/10/2014: Google+ v4.7.0.78692696 para Android segue sen traer galego.
❓ Descrición: Google+ é unha aplicación gratuíta que che permite buscar información sobre os teus intereses, contactar con outras persoas e compartir o que che gusta. Sigue a persoas interesantes ou expertos para comezar a recibir contido de calidade nas túas novidades. Tamén atoparás contido se usas o cadro de busca, etiquetas de temas candentes, temas interesantes e outras ferramentas. Tan só tes que seguir a alguén que che interese para recibir as súas publicacións nas túas novidades. Tes moitas maneiras de descubrir cousas do máis interesante.
💡 Tradución: Google (oficial). Iremos aos axustes da conta Google e elixiremos Galego (xa podes aproveitar para activar outros produtos que teñan galego).
:star: Desenvolvedor: Google | Categoría: Sociedade.
➡ https://plus.google.com/ | Google Play
😎 Vía: Informática Burgo das Nacións: Google+ en galego
Código Cero: A Mesa dálle os parabéns a Google por incluír a opción en galego en Google+