WhatsApp abriu a tradución da aplicación ao galego, pero non o inclúe na aplicación. Un usuario de XDA-Developers modificou a aplicación e creou o WhatsApp+ que permite configuralo e personalizalo ao gusto (con temas, cores,…) e engadiulle a tradución que vai habendo do galego.
Actualización 13/11/2014: A versión 6.40D deixa de incorporar o galego dado que se elimina do repositorio.
Actualización 21/01/2015: Comezan a bloquear a usuarios de WA+ e o desenvolvedor abandona o proxecto.
❓ Descrición: Modificación non oficial e non autorizada por WhatsApp. O seu uso contravén os termos de uso da aplicación, así que usar baixo a propia responsabilidade e risco.
O WhatsApp que podes personalizar completamente: axustar cores, tamaños, formas e moitos máis trocos estéticos. Tamén podes aumentar o límite dos ficheiros de música e vídeo a compartir (o predefinido é 16MB), aumentar a calidade das imaxes (a resolución do oficial é bastante pobre), conxelar a túa última conexión pero seguir vendo a última conexión dos demais, agochar o estado “escribindo” tanto en conversas como nos grupos, ver a conexión dos contactos na pantalla principal, activar un aviso cando un contacto use a aplicación sen teres a conversa aberta, compartir música cun clic, engadir ás mensaxes a foto do contacto (como no Facebook Messenger), agochar as fotos de perfil dos teus contactos e poñer a que lles teñas na axenda, e moito máis a través de temas. Hai un engadido de pago Plus MOD donation para ocultar o estado en liña.
Só terás que seguir os pasos: instalar WhatsApp oficial, validar o noso teléfono, probalo con calquera contacto. Gardamos as conversas, desinstalamos a aplicación (non borrar os datos) e logo instalar WA+.
💡 Tradución: oficial, varios colaboradores. Está aberta a tradución en http://translate.whatsapp.com/. Para ter a aplicación en galego, o móbil debe configurarse en galego. O WhatsApp orixinal inda non incorpora esta tradución.
:star: Desenvolvedor: Modificación non autorizada de WhatsApp por rafalense | Categoría: Comunicación.
➡ Ligazóns eliminadas, proxecto abandonado. Deixo copia do último strings.xml e plurals.xml en galego.
😎 Vía: http://forum.xda-developers.com/showthread.php?t=1624514
❗ Revisión:
25/01/2015: Rahil continua o proxecto (sen vinculación a rafalense), e crea o WhatsApp+ ReBorn, sen galego.
24/01/2015: Rahil Bhimjiani, coñecido por crackear o WA+ para ocultar o estado, consegue un AntiBan para a v6.76.
21/01/2015: Peche definitivo do desenvolvemento. WhatsApp bloquea a aplicación e aos que a usen.
28/11/2014: Comunidade Google+ de soporte: https://plus.google.com/u/0/communities/113595069406367848857
25/11/2014 v6.47D: Oculta estado en liña para todas, eliminase o complemento Plus MOD Donation.
15/08/2014: Nova páxina de soporte: http://www.waplusmod.com/
22/07/2013: Recibido aviso de infracción no foro XDA, elimínanse todas as ligazóns (pero segue a desenvolverse).
18/04/2013 v3.25: http://www.htcmania.com/showthread.php?p=6523529
07/11/2012 v2.40: http://www.htcmania.com/showthread.php?t=359902