Probotector (Game Boy), en galego
Probotector (“Operation C” en EUA, “Contra” en Xapón) é un xogo do 1991 de correr e disparar (run & gun) creado por Konami e lanzado para Game Boy, sendo a primeira versión para portátiles da saga Contra, tendo uns gráficos similares ás versións Contra e Contra C da Nintendo Entertainment System.
Project64 é un emulador da Nintendo 64, consola do ano 1996 (1997 en Europa). A experiencia de xogo é unha delicia e un total entretemento con sabor orixinal para os posuidores dunha N64: gran compatibilidade de xogos, boa emulación de gráficos, configuración de mandos, incluso vibración.
De cando en pouco boto man desta ferramenta para a tradución de subtítulos, colaborando co fansub en galego
A nosa nube de Google engade o galego e o éuscaro. Todos os arquivos que subas a Drive, como vídeos, fotos e documentos, gárdanse de forma segura mediante un respaldo para que non os perdas. Podes convidar facilmente a outros usuarios para que vexan, editen ou deixen comentarios.
Lunar IPS (LIPS) pretende ser unha ferramenta lixeira e fácil de usar, para aplicar parches IPS en plataformas Windows, substituíndo ao antigo programa SNESTool de MS-DOS. Pode tanto aplicar como crear parches IPS (extensión de ficheiro estándar para romhacking).