Super Mario Bros. (NES), en galego

zelda II galegoSuper Mario Bros., videoxogo de plataformas deseñado por Shigeru Miyamoto, lanzado no Xapón en 1985 (Europa, 1987). O xogo describe as aventuras dos irmáns Mario e Luigi, personaxes que xa coñecemos no xogo de recreativas “Mario Bros.” de 1983.


Descrición: Nesta ocasión teñen que rescatar á Princesa Peach do Reino Cogomelo, que foi secuestrada polo rei dos Koopas, Bowser. O xogo consta de 32 niveis, que se dividen en 8 mundos con 4 niveis cada un (sinalados dende o 1-1 ao 8-4) onde o noso obxectivo é alcanzar a bandeira situada ao final do nivel, agás o cuarto nivel de cada mundo que é sempre un castelo onde teremos que enfrontarnos a Bowser (só nos enfrontamos a Bowser no mundo 8-4, no resto dos mundos son inimigos disfrazados).

💡 Tradución: darkinferno1981 (LaRetrocaverna).

 

:star:  Desenvolvedor: Nintendo EAD | Xogo: NES (necesítase emulador, JNes en galego).

➡  Super Mario Bros. (E) (REVA) [!] [T+Glg].IPShttps://www.box.com/s/nyyie4r6m27g631ik163
Hai  que usar o programa Lunar IPS para aplicar este parche ao ficheiro “Super Mario Bros. (Europe)”.
ROM parcheada (Goodxxxx series): Super Mario Bros. (E) (REVA) [!] [T+Glg].nes (CRC32: 0BC24D81).

😎  Vía: http://laretrocaverna.mforos.com/2088312/11249661-nes-pal-super-mario-bros-gallego/
http://rctraducciones.blogspot.com.es/2014/07/super-mario-bros-nes-en-gallego.html

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.