The Lion King (SNES), en galego
The Lion King (O Rei León) é un videoxogo de plataformas con vista lateral, editado no 1994 para as consolas do momento, Mega Drive e Super Nintendo (con diferenzas técnicas entre eles). Controlamos ao pequeno Simba a través dos escenarios do filme ata converterse en adulto e enfrontar a Scar.
PPSSPP é un emulador de PSP multiplataforma. A súa baza é sacar unha alta resolución (incluso en Android) daquelas texturas que dentro da pequena pantalla da PSP se representaban de forma borrosa e pouco definida. Volve gozar dos teus xogos cunha nova resolución.
Teclado Galego Android é o primeiro teclado en galego feito en Galicia. Esta aplicación permítenos escribir cunha perfecta corrección ortográfica en galego. Xorde a partir do Teclado AOSP de Android pero incluíndo a lingua galega.
Google actualiza o seu teclado de Android incluíndo de forma nativa o galego e o éuscaro. O teclado de Google permíteche inserir texto dun xeito máis sinxelo e intelixente, con funcións como o recoñecemento de palabras. a predición de escrita e a escritura xestual.
Gmail basease na idea de que o correo electrónico pode ser máis intuitivo, eficiente, útil e incluso divertido. Recibe o teu correo, consulta as túas conversas, responde ás mensaxes sen conectarte ou busca calquera correo co seu buscador integrado.