Open PS2 Loader, en galego

Open PS2 Loader galego Open PS2 Loader, cargador de xogos para consola PS2 e PS3 con retrocompatibilidade, baseándose no código do HD Project. Pode ler os arquivos mediante rede e o disco duro interno, co cal pode cargar os xogos de PS2 dende todos os dispositivos posibles.


Descrición: Open PS2 Loader (OPL) é 100% código aberto, serve para cargar aplicacións e xogos nas consolas PS2 e PS3. Agora soporta imaxes .ISO no disco duro, compartir a través de Ethernet e USB á vez que mantén a compatibilidade co formato USB Advance/Extreme. Actualmente o cargador de homebrew máis compatible e debería funcionar sen ps2load ou as artimañas de mudar o DNASXXX.IMG.

OPL desenvólvese de maneira continuada – calquera persoa pode contribuír á mellora do proxecto dada a súa natureza de código aberto. Para listas actualizadas de compatibilidade, visita o foro de Open PS2 Loader en: http://www.psx-scene.com/

💡 Tradución: anxo_cruel. Galego aparte, non incluído na versión oficial.
A descarga vén coa tradución incluída.

:star: Desenvolvedor: ifcaro. Categoría: PlayStation 2.
➡ 06/03/2014, v0.9.2: MEGA (actualizado 20/07/2014)

😎 Vía: http://www.osarquivosdameiga.com/viewtopic.php?p=28993

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.