Presentando Cats by Opera

Cats by Opera Dos creadores de Coast by Opera, chega o primeiro navegador do seu tipo, coidadosamente feito para gatos domésticos.
Presentando Cats by Opera, o navegador feito á medida para os vosos gatos.

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=RmxDXhU8CfE&w=640&h=360]

Huib Kleinhout, xefe de equipo de Coast en Opera, tiña isto que dicir encol do ultimo innovador proxecto de Opera:

“Moito do contido na Internet está baseado arredor dos gatos, pero non hai navegador para que os gatos o experimenten. Démonos conta de que había que amañar iso. Facemos navegadores para o cotiá, e abrazar os nosos gatos á tardiña. Eles teñen poutas pequenas, así que a precisión élles un gran problema. Non só readaptamos unha interface e engadimos algúns recursos ao navegador, realmente tentamos como se vería o navegador perfecto para gatos. Pensei que estaba todo ben, e, hoxe, o resultado está na Cat Store”.

Cats by Opera ofrece máis innovación a través da trapela para o gato á Internet:
* Interface LinguaToque®: Optimizado para responder ao mínimo que lamban na pantalla, para un fácil desprazamento.
* Característica PoutaPrevisor®: Interpretación intelixente dos enderezos da Internet e as buscas inseridas polos nosos amigos felinos, traducindo enderezos coma “34lkr34tottttt4<<<….uuuu” en “www.catnip4u.com” cando camiña polo teclado do iPad.
* Atallo áxil gatificado: Cats by Opera conta cun atallo áxil que fai máis doadas de premer as entradas, unha innovación de Opera Software, con acceso rápido ao contido elixido polo gato ou atallos fáciles para os sitios favoritos do teu gato.

Estamos introducindo unha estrita política só para gatos nos nosos foros.
Tamén estamos mirando de expandir Cats by Opera nas computadoras. Así é como se podería ver:

Cats by Opera para escritorio
Cats by Opera inda non está dispoñible na App Store, pero pregunta na túa Cat Store se o teñen.

😎 Vía | http://blogs.opera.com/news/2014/04/cats-opera/

A argallada do April Fool’s Day de Opera 😆

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.