Novidades do Telegram
Telegram da un paso adiante na localización, movendo as traducións de Android (oficial e S-edition), iPhone e a versión Web, á plataforma Transifex. Seguen implicados donatorouco e ashtophet, e súmase susobaco. Con esta, espérase unha pronta inclusión do galego, oficialmente.
A xente que está detrás de Galegram presenta varias actualizacións. Por unha banda presentan a súa versión web de Webogram, tamén chamada Galegram. E seguen apostando por anovar e mellorar a propia versión android do Galegram. Ademais estrean icona nova e páxina web.
QuiteRSS é unha sinxela aplicación deseñada para axudarche a manter un ollo sobre todas as fontes de novas (RSS) que segues habitualmente. Se buscabas un substituto para o finado Google Reader, esta é unha boa opción, con galego incluído.
Open PS2 Loader, cargador de xogos para consola PS2 e PS3 con retrocompatibilidade, baseándose no código do HD Project. Pode ler os arquivos mediante rede e o disco duro interno, co cal pode cargar os xogos de PS2 dende todos os dispositivos posibles.