Traducindo… Notepad++
Ferramenta que se converteu na miña mellor arma co paso do tempo, un caderno de notas que le e garda calquera tipo de linguaxe de computadora, e que emprego para a meirande parte das traducións. Dispón de tradución pero moi abandonada, así que vou aproveitar para actualizar o galego do Notepad++.
Project64 é un emulador da Nintendo 64, consola do ano 1996 (1997 en Europa). A experiencia de xogo é unha delicia e un total entretemento con sabor orixinal para os posuidores dunha N64: gran compatibilidade de xogos, boa emulación de gráficos, configuración de mandos, incluso vibración.