Zelda II (NES), en galego

zelda II galegoZelda II – The Adventure of Link é un videoxogo lanzado no 1987 para Nintendo Entertainment System, segundo da saga, e secuela directa de “The Legend of Zelda”. Sae pouco despois do primeiro xogo, pero desta vez, optouse por un troco no sistema de xogo, que non gustou aos fans da saga.


Descrición: Link advirte unha estraña marca no dorso da súa man esquerda, semellante á do cumio de Hyrule. Busca a Impa, quen leva a Link á torre do castelo de Hyrule, onde xace unha doncela sumida nun profundo sono. Impa cóntalle a Link que a doncela é Zelda, a princesa de Hyrule de antano, e a orixe da “Lenda de Zelda.” Un mago conxurara un feitizo adormecedor sobre ela, que tamén provocou a súa propia morte. O príncipe, incapaz de contrarrestar o meigallo, fixo que levasen a súa irmá á torre do castelo, coa esperanza de que volvese espertar un día, e decretou que todas as nenas nacidas na familia real recibisen desde aquela o nome de Zelda, en memoria da traxedia. Impa di que a marca na man de Link significa que é o heroe elixido para espertar a Zelda.

💡 Tradución: darkinferno1981 (LaRetrocaverna).

 

:star:  Desenvolvedor: Nintendo | Xogo: NES (necesítase emulador, JNes en galego).

➡  Zelda II – The Adventure of Link (EUR) (PRG0) [!] [T+Glg v1.1].IPS: https://www.box.com/s/qbk35g5wwg4y1kxnzs4b
· Usar o programa Lunar IPS para aplicar este parche ao ficheiro “Zelda II – The Adventure of Link (Europe)“.
· ROM parcheada (GoodNES CRC32: DF90DD60): Zelda II – The Adventure of Link (EUR) (PRG0) [!] [T+Glg v1.1].nes

😎  Vía: http://laretrocaverna.mforos.com/2088312/11209139-nes-pal-zelda-2-the-adventure-of-link-gallego/

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.