Xeise: CD’n’Go!, en galego

CD'n'Go! galego CD’n’Go! é unha suite de MP3, formada por un extractor dixital de audio, un compresor de audio e un etiquetador de arquivos. Programa español que simplifica o traballo ao extraelo audio dixital e despois de extraelo.


Descrición: Extractor Dixital de Audio. Este módulo pode extraer audio dixital dende calquera CD de audio estándar, usando un lector de CDROM. CD’n’Go! soporta unha gran variedade de CDROMs SCSI, así como a gran maioría dos ATAPI/IDE. O botón de acceso CDDB permite obtela información do disco dende un servidor CDDB e almacenala nun ficheiro estándar CDPlayer.INI. Grazas a esta información podes automaticamente coloca-los TAGs ID3 para realizar ficheiros MP3 ou calquera outro formato de audio comprimido. Por suposto o mellor modo de determina-las capacidades reais do programa é usalo.

Etiquetador de arquivos. Moi útil para os ficheiros MP3. Usa o formato estándar de “TAGs” 1.00, 1.01 e Lyrics 2.00 e case tódolos estilos musicais usados polo WinAMP. Ademais permite o renomeamento dos ficheiros baseándose no contido dos campos ID3, usando distintos estilos de nomeado. Na ventá da dereita podes ve-las propiedades do MP3 co que está traballando, tales coma, o nivel de MPEG, capa, frecuencia de mostraxe, “bitrate”, número de canais, modo de estéreo, énfase, etc. por suposto o tamaño do ficheiro e a súa duración. A duración pode fallar nos ficheiros VBR (Variable BitRate).

Tradución: Rafa Orly, Pablo F. E. e Afonso Fernández (CD’n’Go! Suite v1.93).
Incluído no instalador

CD’n’Go! Suite v1.95.919 (2001)
http://perso.wanadoo.es/jmejuto/cdngo.zip
https://www.box.com/s/7cn5bn6pnxbks2ssvl10

galego.cdngolanguage.rc https://box.com/s/lhnaf5d04gw82o2vd7pw

Fonte: nGo! Software
http://www.es.geocities.com/xeise2/programas/audio/cdngo.htm

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.