Shurgram (Telegram) en galego

telegram galego Xa se pode dispoñer de Telegram en galego para android, non no cliente oficial, pero si a través dun fork (un derivado/bifurcación do oficial, totalmente funcional), grazas á xente de ForoCoches, que fixeron o seu particular Shurgram e incluíron o galego, traducido por un usuario do mesmo foro.

Descrición: Programa de mensaxería instantánea para móbiles, semellante ao Whatsapp, tanto en uso como interface, feita para mellorar a adaptación. É gratuíta, é segura (as mensaxes envíanse cifradas), é máis lixeira que outras aplicacións similares, multiplataforma, e esgota menos a batería xa que integra as notificacións no mesmo proceso do Google Play services (aforra ao non ter dous servizos traballando).

Tes que quitar calquera cliente Telegram para instalar este, dado que se pode xerar conflito. A maiores de incluír novidades das que non está provisto o Telegram (cousas que se poderían incluír nun futuro, de aí a filosofía aberta da aplicación, todo suma na mellora), engade unhas iconas que empregan habitualmente en forocoches e que só as poderás enviar a outro que teña Shurgram.

Risoños:
Outros:

💡 Tradución: Cap-Man e donatorouco. Revisión: diiegoalx e ashtophet.
Galego incluído na aplicación. Tes que ter o sistema Android configurado en galego para usar a tradución (non ten opción de mudar a lingua da interface). OLLO: No lugar de “usuarios” verás “shurmanos“.

:star: Telegram LLC. (OpenSource GPL). Voyageravv (fork “shurgram“).
➡ Shurgram (estable): Google Play.
➡ Shurgram (beta): shurgram.apk (ligazón en constante actualización con novidades).
➡ Shurgram (nogcm): shurgram-nogcm.apk (variante sen notificación a través do servizo Google Push).

😎  Fonte: http://www.forocoches.com/foro/showthread.php?t=3573954

Revisión:
03/04/2014, v1.5.0 nogcm (versión dev paralela): Volven os risoños. Notificacións co programa en fondo (sen usar o google push).
30/03/2014, v1.4.9: Notificacións vía google push (probando). Implementando widgets de escritorio (próxima actualización).
20/03/2014, v1.3.30.1: Volven os risoños personalizados (por mellorar).
14/03/2014, v1.3.30: Adaptación a Telegram oficial. Melloras nas notas de son. Sen risoños. Con ocultar conexión.
01/03/2014, v1.3.26 alfa: Mellora no micrófono (débese manter premido o botón para gravar). Engádense novas funcionalidades do Telegram (multifotos, mellora nas notificacións).
23/02/2014, v1.3.21.5: Máis risoños. Envío de clips de son ao premer o botón micrófono (premer e gravar).
15/02/2014, v1.3.21.2: Cambio no sistema de iconas, pódense escribir en texto e serán substituídas :roto2: 
13/02/2014, v1.3.21.1: Inserido botón “Walkie Talkie” como o Whatsapp (en fase beta, pode fallar).
12/02/2014, v1.3.21: Nova icona da aplicación. Ocultar ultima conexión agora pode ser activado ou desactivado.
05/02/2014, v1.3.19: Actualizados risoños do foro. Habilitado que se vexa “última conexión”. Engadidas as linguas éuscaro, galego e catalán (non elixibles, debes ter o móbil configurado nesa lingua).
03/02/2014: Implementada a instalación na memoria externa

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.