Gensoid, en galego

gensoid galego Emulador da SEGA MegaDrive / Genesis para sistemas Android. Eficiente ao reproducir calquera xogo, con pequenas eivas no son e na música, segundo o xogo, con posibilidade de desactivalos para mellorar a velocidade de cadro (fps).


 Descrición: Un dos mellores emuladores feitos para android da MegaDrive. Funcionan case todos os xogos con alto rendemento. O mando na pantalla pódese personalizar. Con gardado de estados. Admite trucos (cheats). Admite xogo en rede (net-play). Admite avanzado rápido (turbo). A pantalla pode xirarse.

O seu autor é Yong Zhang (yongzh) e contaba cunha versión de pago, e outra recortada (aka lite) que non permitía gardar en calquera momento. A aplicación foi retirada do Google Play, por petición de SEGA (Another emulator pulled from the market by Yongzh. Gensoid is no more, at least right now), e o mesmo autor ofreceu a versión completa de balde noutra páxina. Pero actualmente xa a retirou e deixou de desenvolvela.

 Tradución: Toño Calo (enfeitizador). Galego.
Modificación do arquivo orixinal, elimínanse as cadeas en inglés para poñer o galego como predefinido. Se tes instalada unha versión previa da aplicación, bórraa para instalar esta (a sinatura non coincide e xérase conflito).

yongzh. Xogos: emulador.
Gensoid v2.4.3 GALEGO.apk (retirado para supervisión)
 Gensoid v2.4.3 (orixinal) filetrip.net

 Rexistro:
30/12/2010 Gensoid v2.4.3: Amañado erro no Nexus-S, Archos e outros dispositivos. Soporte ao Game Genie. Engadida opción “permitir troco de resolución”. O Street Fighter (e máis xogos) agora a toda pantalla. Amañado o gardado no medio a partida. X/Y/Z coma A/B/C turbos no modo 3 botóns. Soporte de mando xogador #2. Xogo en rede a través de Bluetooth (require Android 2.x) ou Wi-Fi.

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.