Galego para… Pinterest?

pinterest galego O equipo de Pinterest abre a porta á tradución da plataforma. Mediante unha folla de inscrición, poderemos solicitar a disposición do galego como lingua a traducir (engadir Other: Galician nesa folla). Logo toca agardar pola resposta, cando estean preparados. Así que, solicitando galego 😉

http://pinterest-ben.tumblr.com/post/22286872324/seeking-pinterest-translators

We would love your help.  If you speak one (or more!) of these languages and you’d be interested in helping us translate Pinterest, please share a little information with us so we can get in contact with you when we’re ready.

Descrición: Pinterest é unha rede na que os usuarios soben imaxes sobre varias temáticas, que eles mesmo van identificando e usando en común. Ofrece pois, unha ferramenta visual na que obter unha cantidade de contido segundo a temática que nos interese, entrando en pinboards específicos nos que os usuarios engaden contido similar.

En resumo, diríxese a descubrir contido facilmente clasificado por categorías e non por usuarios, dando variedade ás publicacións. Polo momento, o rexistro na rede faise mediante invitación, ou a través dunha lista de espera (pola que pasei eu).

Actualización:
28/06/2012: http://blog.pinterest.com/post/29389582593/pinterest-ya-esta-disponible-en-mas-idiomas
Xa temos Pinterest en “español” (en castelán pouco máis tarde) pero sen novas do galego. Nesta entrada non fan referencia ao documento que apuntaron dende o tumblr. Só indican suxestións ao correo translate@pinterest.com
10/08/2012: http://blog.pinterest.com/post/29389668300/open-registration
Remátase o período de convites, o rexistro xa é aberto.
24/05/2013: https://twitter.com/Certo/status/338026567454302208
Máis dun ano despois de solicitar o galego, seguen sen dar resposta. Agora que os de Certo preguntan, ímola pedir de novo… 😆  igual me teñen como usuario (moi) pouco activo na súa rede e pasan de min.

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.