Nintendo DS: Flashcarts en galego

nds galego Dispós dunha flashcart na túa DS? Queres usala en galego? Este vai ser o índice xeral dunha serie de entradas onde vou ir debullando distintas tarxetas deste tipo, e ás que vou tentar dar soporte en galego. Algunhas será posible, outras non tanto.


Fai tempo que dispoño dunha Nintendo DS, á que lle merquei un clon chafalleiro da R4 (servidor que era novo e non entendía destas cousas). Dita tarxeta quedou sen soporte nun chiscar de ollos para os xogos que estaban por vir, incluso para os que tiña orixinais, polo cal estiven por trocala. Pero nisto que Google me amosou que había xente actualizando os arquivos de datos para facer as tarxetas obsoletas compatibles cos novos xogos, e ademais con outro sistema de menú que posuía arquivo de lingua, e como non, tocaba fedellar coas flashcarts para aprenderlles galego. Axiña a miña R4 falaba galego, así como outras tarxetas que pasaron polas miñas mans.

Dada a cantidade de tipos de tarxetas e clons derivados, serán necesarias varias entradas específicas para as comúns. Este índice será actualizado segundo precise ou vaian aparecendo novas. Se falta a túa, indícamo nos comentarios e verei que se pode facer.

 Flashcarts en galego: pasos previos
Flashcarts en galego: Revolution 4 DS, R4DS e clons
Flashcarts en galego: TopToyDS, TTDS, DSTT e clons
Flashcarts en galego: Serie EZ-Flash
Flashcarts en galego: Serie G6 e M3
Flashcarts en galego: Serie SuperCard e DSONE
Flashcarts en galego: Outras tarxetas
Flashcarts en galego: RetroGameFan
Flashcarts en galego: SuperCard DSTWO
Flashcarts en galego: Wood Firmware

Actualizacións:
2013/06/02 Engadida Gateway 3DS

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.