Galego para… Diaspora*?

diaspora* galegoComezo nova tradución, despois de ler cousas interesantes sobre este proxecto, imos aprenderlle galego a un novo CMS, inda en cueiros, chamado Diaspora*.


Grazas ao weblog de GenBeta, coñezo este proxecto: Ya está entre nosotros la primera versión alpha de Diaspora. Mais, que é Diaspora*?

Unha rede social, ao estilo MySpace ou Facebook, co engadido de que podes descargar as bases e subila ao teu servidor para facer de semente (pod) axudando no ecosistema do servizo. Isto é, como se instalases un xestor de contidos (CMS) calquera, pero no caso de ser un blog ou foro, falamos dunha rede social onde ti te complementas nela coma servidor.

[vimeo http://vimeo.com/13026173]

Xa mandei a solicitude de convite, sona interesante. Logo, mirando un pouco máis, vexo que se pode ir traducindo a base por medio de 99translations. Rexistrado no sistema e comezamos coa tradución.

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.