UltraStar DX, en galego… MeigaStar?

ultrastardx galego UltraStar Deluxe é un xogo de karaoke de código aberto inspirado no Singstar™ de Sony. Permite cantar ata a 6 xogadores, que, empregando os seus micrófonos e dependendo dos picos de voz e ritmo, irán gañando puntos. Como vantaxe principal conta coa posibilidade de crear as propias cancións.


Descrición: UltraStar Deluxe é un programa libre e de código aberto para a computadora. O sistema de xogo é similar ao produto comercial da Sony Computer Entertainment, o SingStar™ (o cal é exclusivo para a plataforma Playstation®). A diferenza do SingStar™, o UltraStar Deluxe permite aos usuarios crear ou incorporar novas cancións creadas por outros usuarios para poder competir con elas. Tamén, ao publicar o código fonte, dáselle ao usuario a posibilidade de personalizar o xogo ao seu gusto.

:mrgreen: MeigaStar? Propúxose no foro d’Os Arquivos da Meiga a posibilidade de darlle forma a unha versión galega coa idea de sacar versións para o UltraStar das cancións do Xabarín e de grupos galegos en xeral. Aberto está o fío se desexas comentar ou aportar algo: http://www.osarquivosdameiga.com/viewtopic.php?p=2628.
Actualización 2010/06/01: aparecen os primeiros indicios do Galeoke, grupo de amigos con unha idea similar pero que din que se lles ocorreu moito antes (relatan datas e todo) 😯 Logo de presentaren o proxecto, abandonase a idea por parte do foro e quen desexe facer ampliacións non oficiais para o Galegoke é libre de facelo.

💡 Tradución: Cherre (24/03/2009) brandon (12/09/2009), upalula (12/09/2009), enfeitizador (20/05/2010).
Non oficial, require ficheiro de lingua adicional, a colocar nos seguintes cartafoles:
* Windows: “UltraStar Deluxe/languages
* Linux: “usr/share/ultrastardx/languages
* MAC: “UltraStarDeluxe.app/Contents/languages

:star: Desenvolvedor: UltraStar Deluxe | Categoría: Xogo, musical.

UltraStar Deluxe v1.1 Final (10/10/2010) Windows | Linux: data / i386 / amd64 | MAC: PPC 10.5 / PPC 10.4 (só).
Galician.ini https://app.box.com/s/zlk2xn1oieof5u3163seigpyrlgs5jrt

😎 Vía: http://www.osarquivosdameiga.com/viewtopic.php?p=3796

Revisión: 2015/04/18: Amañada a ligazón da tradución que apuntaba á que non era, e actualizadas as descargas.
Primeira tradución de Chere, enviada ao foro de Ultra-Star.de, actualizada por brandon e revisada por upalula. Máis tarde, revisei todas as versións e adapteinas mellor dende o orixinal en inglés para as versións máis recentes do programa (todas as traducións partían do castelán).

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.