Adeus My Opera

We had a good run for many years, but we believe your content could have a better home elsewhere, so we have made the decision to shut down My Opera as of March 1, 2014.
IMPORTANT ANNOUNCEMENT ABOUT YOUR MY OPERA ACCOUNT

Pois despois de facer este mesmo día 7 anos co caderno de My Opera para colgar e recompilar traducións en galego, toca moverse de casa. Aproveito que tiña a conta en WordPress de man dos xa extintos Spaces (ou Live Spaces) de Microsoft, e ímola engalanar para esta nova etapa do caderno.

Seguirei fedellando cos programas que me gustan e aprendéndolles galego, irei recuperando todos os artigos do My Opera, á man, porque, logo de case un mes, inda non me enviaron o arquivo de exportación, así que vai quedar unha cousa un tanto estraña nun caderno novo que vaian aparecendo artigos “en pasado”, agardo que a Google non lle ofenda revisar artigos e volver a poñelos a quen busque as cousas en galego.

Grazas aos que xa seguiades o caderno anterior e benvida aos que cheguen novos. Apuntade ben nos marcadores o novo enderezo: http://fedellar.wordpress.com/

PD. Desculpade que, a diferenza do My Opera, este caderno teña publicidade, pero é imposta pola versión de balde do WordPress aloxado nos seus servidores (eu non vexo un can). Como no anterior caderno, manteño as traducións en liña e libres de calquera remuneración.

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.