Windows Phone 7, sen galego. Windows Phone 7.5, sen galego. Windows Phone 8, non trae galego. Vai sendo hora de petarlle na porta a Microsoft: recompilo unha serie de ligazóns para facerlle saber a Microsoft que nos interesa Windows Phone en galego.
Na lista de partida de idiomas para WP8 non está o galego: Going global: Language support in Windows Phone 8. Porén, no mesmo artigo indican como se pode solicitar, así que as opcións son estas:
:star: Feature Suggestions (http://windowsphone.uservoice.com/forums/101801-feature-suggestions).
Para suxerir que engadan características novas a Windows Phone. A cousa é expoñer a suxestión e que a xente lle vaia dando votos. Achego a relación de peticións do galego, abride cada ligazón e votade.
26/12/2011: Galician language suport.
02/08/2012: I wish I could just set up my phone in Galician!.
19/10/2013: Add Galician language to Windows Phone.
04/01/2014: Galician as a keyboard languages option!.
:star: Microsoft Community (http://answers.microsoft.com/).
Aquí tamén se poden deixar preguntas e solicitudes. Se ti tes a mesma dúbida, ao carón da pregunta hay un botón “Had this Question. Me Too”, picar nel para aumentar o reconto.
18/07/2012: No es posible tener como idioma establecido en el lumia 800 el … gallego…?.
09/01/2013: Cuando estará disponible WP8 en Gallego?.
15/01/2013: ¿Por que no hay Windows Phone 8 en gallego?.
😎 Vía: http://marcus.es/2012/11/windows-8-e-o-galego/