Engade o Digalego ao Opera

digalego opera O digalego é un dicionario de galego en liña que Ir Indo Edicións presentou no ano 2008: Ir Indo estrea unha versión web do seu dicionario de galego (Código Cero). Cun sinxelo truco, podemos engadir o dicionario á nosa lapela de buscadores, para telo sempre accesible.


A novidade deste dicionario é que recolle as modificacións das Normas Ortográficas e Morfolóxicas aprobadas pola Real Academia Galega no 2003, polo cal, máis actualizado que o Dicionario da Real Academia Galega, que fornece a Xunta (que é do 1997).

Unha das vantaxes que tivo nunha recente actualización é a de poder facer buscas de termos noutras linguas, o que axuda a buscar temos dos que non sabemos a palabra correcta en galego.

Para poñer o dicionario, picamos co botón dereito na caixa de busca, imos a “administrar buscadores”, e alí crearemos un novo buscador. Poñeremos o nome como queiramos, logo, palabra clave é o atallo rápido para usalo na barra de enderezos (p.ex. “g buscar”, emprega o Google). Acto seguido, en enderezo poñemos o seguinte, e aceptamos. Feito!.

http://www.digalego.com/diccionario/Html/muestra_palabra.php?op=ver&buscado=%s

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.