Meniñeiros é unha antoloxía sobre os seres fantásticos do imaxinario galego en formato de libro electrónico. Dirixido a un público infantil de entre 6 e 8 anos, o obxectivo é achegar aos nenos e nenas as lendas da nosa tradición oral e favorecer a súa transmisión cultural.
❓ Descrición: Meniñeiros é unha colección de cinco capítulos con cadanseu personaxe protagonista: o trasno, o nubeiro, a coca, a meiga e a serpe. Son libros que introducen elementos multimedia e interactivos e que combinan os xogos e actividades cun conto onde os lectores poden escoller o seu propio itinerario narrativo. Trátase de favorecer a conxunción das novas tecnoloxías e a tradición cultural para crear un espazo onde os máis pequenos poidan divertirse mentres coñecen aos nosos seres fantásticos.
O primeiro capítulo ofrecese de balde, o resto custarán 3,99€ cada capíitulo (pode haber modificacións de cara á súa publicación).
💡 Un traballo de: Jessica Méndez e Cruz Negreira. Presentado coma traballo de fin de grao.
Deseñado para iPad. Necesitas a aplicación iBooks 3 (ou superior) e iOS 5.1 (ou superior).
:star: Máis información: Paxina Web, Facebook, Google+. Categoría: ficción infantil.
- O Trasno: 27/06/2014 v1.1 iBooks Store
- O Nubeiro (prevese para o Nadal).
- A Coca.
- A Meiga.
- A Serpe.
😎 Vía: http://tendencias.galiciaconfidencial.com/nova/20150.html