ko-fi

Neo Audio é unha ferramenta para dixitalizar os teus propios CDs de música en ficheiros WAV, MP3 ou OGG, da man dos antigos creadores do Napster.

NeoAudio en galego


Descrición: NeoAudio é unha utilidade que permite extraer pistas de Audio Dixital (CDA) dun CD de audio en ficheiros para o disco duro. As pistas de audio extraídas poden gardarse en ficheiros WAV, MP3 (MPEG-1 Audio Layer-3) ou OGG Vorbis. NeoAudio usa un xestor de libraría ASPI de Adaptec para comunicarse co dispositivo de CD-ROM, así que deberás asegurarte de ter os controladores ASPI axeitados. Tamén ofrece o etiquetados de pistas CDDB/ID3v2, corrección de fluctuación, normalización de pistas, un reproductor MP3, comparación de ficheiros, velocidad de bits de audio axustadas e frecuencias de mostraxe.

Está baseado no código fonte do CDex.

Tradución: Galego enfeitizador | galician.NeoAudio.lang (non incluída no programa)
| Castellano (incluída no programa) | Valencià (externa, non recordo onde o atopei)

Desenvolvedor: NeoNapster | Categoría: Programa | CD-Ripper

(16/08/2002) NeoAudio v0.9.9 (.EXE, sen galego) | NeoAudio v0.9.9 (.RAR, galego incluído)

Revisións:

  • 16.08.2002: (NeoAudio 1.5.6): Primeira versión traducida. Cambiado instalador pola versión comprimida co galego incluído. O instalador contén barras de ferramentas e outro software “lixo”.
  • 30.08.2002: (NeoAudio 9.9.9) Última versión lanzada. Actualizada a tradución.
  • 01.02.2004: Engadido ficheiro da tradución en valencià.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.